Te quiero casi siempre

 

Esta semana traballamos o conto de "te quiero casi siempre" . Neste libro Lolo e Rita ensínanos a comprender que non todos somos iguais e que da diversidade obtemos cousas moi positivas como unha gran amizade. Este libro axúdanos a aceptar as características e comportamentos que ás veces non nos gustan pero que non por iso hai que deixar de ser amigos.

Ademais as ilustracións do libro son preciosas, a súa autora Ana Llenas déixanos como sempre sorprendidos coa súa imaxinación. 



Despois de ler e ver o conto que o temos na nosa biblioteca de aula, fixemos unha actividade : O caligrama do amor. Cada un dos alumnos fixo un caligrama para un compañeiro da clase con palabras relacionadas coa amizade e o amor . Por aquí tedes algún exemplo, mirade que bonitos quedaron!

Levárono para a sua casa e ían felices sabendo que esas palabras tan bonitas estaban escritas por un compañeiro da clase. Sen dúbida foi unha actividade xenial!!!Encántame favorecer a amizade e as relacións positivas entre eles.



Noelia



Comentarios