Na materia de sociais estivemos traballando as partes do cole, o que se facía en cada unha delas e todo o que podíamos atopar alí. Este ano estamos en 1º EP, así que fixemos unha pequena ruta polo cole visitando as dependencias e despois puxémonos a elaborar este pequeno libriño
Coas fotos das estancias do cole situamos os nomes de cada un delas e o que podíamos facer en cada unha delas. Aquí vos deixo o resultado.
Se vos fixades as actividades están adaptadas con pictogramas para facilitar a comprensión das palabras.
Comentarios
Publicar un comentario