Matemáticas con regletas

 



Aquí vos deixo algunhas das actividades que fixemos nestas primeiras semanas de curso para entrar en contacto co traballo das regletas en matemáticas.

Clasificamos por cores as regletas



Facemos series coas regletas


Realizamos debuxos coas regletas, ou copiamos modelos que a profe indica.


Tamén copiamos formas moi curiosas como as que aparecen no vídeo. Esta actividade encantoulles!!!


A espiral do 100


Despois dalgunhas sesións nas que xa entraron en contacto coas regletas comenzamos a traballar con elas tendo en conta o valor numérico que representan.
 Para iso completaron unha ficha como a que tedes a continuación. Ahí déronse conta de que este material tan chulo valía para sumar, contar....



Despois disto fixemos moitas actividades, como por exemplo, traballar o maior ou menor colocando unha regleta ao lado da outra , ordear as regletas de maior a menor e de menor a maior, "collemos a regleta do 4 coa man dereita", "collemos a regleta do 6 coa man esquerda"...


Unha das actividades que máis lles gustou foi a carreira de regletas. Tiraban o dado e segundo o número que saíse tocaba avanzar no percorrido cunha regleta que representase ese número. Foi moi divertido e aprenderon enseguida os números de cada regleta.




 E xa nas últimas sesións chegaron a facer sumas con elas!! A verdade é que resultoulles moi divertido. Recomendo este material para matemáticas, a todos nós gústanos moito utlizalo.


Saúdos!



A titora, Noelia


















Comentarios