Lúa xa está de volta!

 Que día tan bó tivemos hoxe... primeiro tocounos correr no circuito da milla e despois visitamos por primeira vez no curso a biblioteca!!!

A semana pasada, a nosa mascota Lúa, dábamos a boa noticia de que a biblioteca xa estaba aberta, iso si!! con un montón de novas normas anti COVID (limpar os pés antes de entrar, desinfectar mans, sentarse en silencio cada un no seu número de cadeira....) .A pesar de ter tantas cousas que aprender e respectar para poder ir sen ningún tipo de perigo,fixémolo moi moi ben!!!

Aquí vos deixo unhas fotos da nova biblioteca, a pesar de ter que estar máis separados e non poder movernos libremente, estamos moi contentos porque xa puidemos levar un libro para ler na casa.




Cada mércores voltaremos a por novas aventuras para levar para a nosa casa!! Iso sí, temos que cubrir unha ficha de lectura coma esta.




Ata pronto compañeiros!!!


Noelia


Comentarios