Encántame ver como os meus alumnos disfrutan dos contos tanto como eu, un dos seus contos preferidos é o de Cocorico.
O día que lles ensinei este conto pegóuselles tanto a canción que fórona tarareando para casa.
Picotiiii, picotááá , ai que rico Cocorico....
Cando vimos o conto máis de un escondeuse debaixo da mesa porque lle tiña medo ao gato pelado hahaha....
Cando rematamos o conto fixemos algunhas actividades en grupo .
As que máis lles gustaron foron as de debuxar a cocorico grande e decorado con pintura amarela e gomets.
Tamén tiveron que ordear as viñetas do conto que están adaptadas con pictogramas para facilitar a comprensión do que vai sucedendo no conto.
Comentarios
Publicar un comentario