Obradoiro dos sentidos

 

En ciencias naturais tocounos estudar os 5 sentidos e cómo non ,estimulalos é a mellor forma de aprender.

Para iso preparei un obradoiro dos sentidos. Cada semana tocaba traballar un sentido facendo actividades relacionadas con el.

Comezamos co sentido do tacto.

Nesta primeira sesión vimos un vídeo explicativo sobre o tema:



Despois ensineilles a "caixa das sorpresas" ,estaba chea de cousas!!!! 

Un a un tiveron que meter a man e sen mirar intentar recoñecer o que tocaban!! Fixérono moi ben. Había de todo : esponxa, lápices, pilas, pedras.... Unha vez recoñecido tiñan que dicir como era a sea textura : brando, duro, rugoso....

A verdade é que foi moi divertido!!

Unha vez estimulado o sentido do tacto preparamos esta ficha coas diferentes texturas. 

Mirade que chulo lles quedou!







Xa para rematar xogamos a galiña cega. Solamente co tacto debían recoñecer a un compañeiro.

Rimos un montón , e o máis importante é que aprenderon dunha maneira moi divertida .


Na segunda sesión traballamos o sentido do gusto.

Despois dunha explicación breve comenzamos a estimular o sentido do gusto!!!

Teño que dicir que creo que este sentido foi o máis lles gustou coñecer. 

Para iso pedinlles que pecharan os ollos e probaran duas cousas. Sen mirar debían adiviñar o que era e se era salgado, dulce, amargo....Fixérono super ben!! tiveron a sorte de que a degustación foi de un conguito e dunha galletiña salgada hahaha. 


Despois de probar eses dous alimentos tiveron que clasificar na táboa que vos ensino a a dereita, se lles gustou ou non.




Nese mesmo día traballamos o sentido do oído.


Despois de ver o vídeo clasificamos diferentes sons segundo o seu gusto ( está na foto anterior). Escoitamos sons de tormetas, terror, animais, violín, mosquito... 

Esta actividades resultoulles moi divertida e recoñeceron todos os sons a primeira!!

Outro día tocounos traballar a vista 



 para iso vimos unhas imaxes e tiñan que clasificar se lles gustaban ou non, ademais fixemos unha actividade cos ollos pechados. Tiñan que adiviñar a voz do compañeiro que falaba sen mirar. Foi moi divertido!

Xa por último co sentido do olfato 





ulimos diferentes productos: ambientador, colonia, café, allo,laurel... Esto encantoulles, sorprendentemente os gustos de cada un son moi diferentes tamén. Hai a quen lle encanta o olor do café ou do allo hahaha.





 Xa para rematar estiveron repasando todo isto co seguinte material.

 

 Recomendo traballar de xeito experencial este tipo de contidos, asegúrovos que así nunca se olvidarán deles. Espero que vos gustase .

Un saúdo



Noelia










Comentarios