O nome deste blogue ten un motivo, durante os primeiros días de cole dinme conta de que moitos dos meus alumnos tiñan gran interese polos superheroes. Ocorréuseme que este fose o noso nome da clase e por suposto comezamos a realizar actividades en torno a este tema.
Unha das primeiras actividades foi deseñar nunha plantilla como vos deixo a continuación o seu propio superheroe, debuxando ademais o poder que tiña.
Cando xa o tiñan preparado o expuxérono aos seus compañeiros , sairon unhas ideas chulísimas!
Despois de debuxar o superheroe expliqueilles que necesitaríamos 6 superheroes que representasen a cada un dos grupos da clase, e que os utilizaríamos para facer semanalmente misións!!!
Eu xa tiña o meu feito e encantoulles!!! SUPER N!
Utilizamos para iso, unha APP (Super Hero) e traballamos coa tablet , no deseño dos superheroes.
Ademais preparamos un carnets chulísimos cos nosos superheroes e cos logos que tamén deseñamos. Déixovos a plantilla por se a quereres utilizar.
Agora semanalmente facemos unha misión, estas misións sérvelles para repasar cousas da semana, e ademáis axúdalles a traballar en equipo para resolver as actividades.
Antes de facer as misións, vemos un vídeo que explica en forma de conto o que lle vai ocurrindo os superheroes e o que teñen que facer para conseguir pasar a misión. Aquí vos deixo uns exemplos dalgunhas das misións que fixemos.
Espero que vos gustase o nosso proxecto!!! Seguirei contando as actividades que vamos facendo cos seuperheroes de 1º A.
Saúdos
Comentarios
Publicar un comentario