Hoxe tivemos un día moi terroríiifico. Contareivos todo o que fixemos para
celebrar o Samaín e o Magosto en tempos de Covid.
Pero creo que o que máis lles gustou foi o experimento de Samaín!! Aqui vos
deixo un pequeno vídeo de cómo nos saíu.
Se queredes probar na casa, aquí tedes ideas de moitos experimentos
terroríficos!!
Foi un día xenial. A pesar da dificil situación que estamos vivindo pasámolo moi
ben!!
Ao chegar a clase, como todos
os días,fixemos a asemblea e anticipamos algunhas das actividades preparadas.
O
día deu para moito. Matemáticas terroríficas contando debuxos como
cabazas,vampiros, pantasmas...
Ademais, aproveitando que estamos traballando as
emocións co conto do monstro das cores tamén debuxamos dentro dun bote todas
aquelas cousas que nos dan medo... Dende logo estes rapaces non son nada
medosos, eses botes estaban case baleiros!!
Antes de merendar preparamos un
cucurucho chulísimo para botar as castañas asadas, ademais diso tamén tiveron a
sorte de comer algunhas chuches e froita!! Menuda festa!
Antes do patio
escoitamos e cantamos o RAP DO MAGOSTO QUE NOS ENCANTA!!!!
Tamén disfrutamos moito no patio, facendo unha foto todos xuntos disfrazados.
Ademais diso sacamos unhas fotos moi chulas con fondos de medo.
Na hora de ler, lemos o conto de... FORA DE AQUÍ HORRIBLE MONSTRUO VERDE!!!!!
tanto lles gustou que fixeron con cartulinas de cores un monstruo moi
terrorífico.
Ata pronto!!!!
Comentarios
Publicar un comentario