Un dos contos que máis lles gustou aos rapaces foi o do monstro das cores.
É un conto que representa as diferentes emocións que temos . Xa dende os primeiros días, limos o conto na clase e tamén escoitamos a canción e encantoulles.
Agora no momento de asemblea, ao chegar ao cole, identifican o seu estado emocional dicindo cómo se senten segundo a cor.
Ademáis, na materia de valores estivemos traballando co conto.
Para comenzar debuxáronse con tódalas emocións revoltas,mirade que chulada de debuxos.
Unha vez debuxados debían clasificar as seas emocións nuns botes como os do conto e debuxar dentro,aquilo que lles producise tristura, calma, medo, alegría....
Quedaron uns botes preciosos. Aquí por exemplo unha alumna está contenta cando vai á piscina.
En cambio ponse triste se algunha compañeira lle di algo que non lle gusta.
Ten medo cando está soa na escuridade....
E séntese relaxada cando escoita o son da chuvia.
O monstruo xa non ten tanto lío despois de separar as suas emocións nos botes!
Comentarios
Publicar un comentario