Hoxe tocou estudar as partes do corpo. Despois dunha explicación oral e de ver vídeos como este:
repasaron as partes do corpo e tamén as situaron neles mesmos.
Cando xa nomeaban e sabían situar todas as partes do tronco, extremidades e cabeza, decidimos facer a actividade máis motivadora e divertida utilizando aos nosos superheroes.
Para iso recortamos o seu corpo e situamos neles aquelas partes máis importantes.
Fixemos o mesmo cos órganos, aquí vos deixo o resultado!
A modo de repaso e para pasar un rato divertido bailamos esta canción! Espero que vos guste!!!
Saúdos!!!
A titora, Noelia
Comentarios
Publicar un comentario